Como hai que comentar cal é o mellor post dos blogs dos meus compañeiros que teñan unha tematica parecida a miña, como no pode ser de outra forma o blog que elixin é NAMIDA . A elección debese a que neste blog non só se tratan os mesmos temas que no meu sinon que tamén están orientados da mesma forma. Do que se fala neste blog e de publicidade, pero vencellada o mundo do arte.
Serian moitos os post que poderia comentar aquí como o mellor, pero centrareime sobre todo nun, tanto en termos obxetivos como subxectivos. Sen máis o meu comentario:
O mellor post de NAMIDA leva por titulo JULIAN BEEVER, e falando primeiro en termos obxetivos paréceme o seu mellor post polas seguintes cuestións:
En primeiro lugar, hai pouco texto pero con moita información interesante, deste xeito consigue crear unha boa disposición a súá lectura xa que se poderá facer unha lectura completa, amena, e sen perdida innecesaria de tempo.
Este pouco texto está ben acompañado de imaxes e videos que apoyan o que o texto di. As imaxes e videos non están colocados de calquera maneira senon que consiguiu unha perfecta armonía entre texto imaxes e videos provocando no lector unha sensación agradable no primer golpe de vista, outro feito mais que axuda a crear unha boa dispoción a lectura do post.
Se cadra agora a subxectividade aflora no meu escrito, pero penso que o tema a tratar é dos mais interesantes que me atopei neste mundo dos blogs, por que conseguiu que descubrira o mundo da anamorfosis técnica na que se representa un obxecto deformando a perspectiva de xeito que si se observa dende o punto correcto vese en 3D, vai aquí un exemplo

Aparte de ser un tema verdadeiramente interesante pareceume unha forma moi orixinal de relacionar os dous temas predominantes no seu blog: arte e a publicidade, xa que este artista foi contratado por diversas marcas para debuxar na ruia os seus productos.

Graciñas pola publicidade!
o certo é que ese tamén e un dos meus posts preferidos!
encántame a túa forma de escribir,tan directa,coma se estiveses falando directamente co lector...
un biquiño!