Logo de unha gran tempada sen publicar nada, decÍdome a voltar o mundo da globoesfera para compartir con todos vos, temas de interese relacionados co mundo da comunicación.
A idea de volver a publicar xa me rondaba pola cabeza pero as novas que me levaron a colocarme diante do ordenar foron os anuncios que as cadenas de televisións están a emitir nestes momentos.
como podedes ver tele5 fainos ver a importancia das marcas.
Estes tipos de anuncios que CUATRO tamén emite, débense a crise economica, os consumidores vendo a situación pola que se está a pasar decidense a aforrar diñeiro mercando marcas blancas, este feito perxudica os grandes fabricantes que ven como as suas ventas se reducen.
Como todos sabemos as televisións privadas viven dos anuncios dos grandes fabricantes, polo tanto ,si estes non venden dispoñen de menos diñeiro para invertir en publicidade, e as televisións perden. En definitiva é a "pescadilla que se morde a cola" polo que as televisións se aliaron cos fabricantes para tentar paliar danos.
Seguindo co tema da crise economica, últimamente a publicidade está recurrindo a este tema, eso que din de que en momentos de crise a creatividade explota con mais forza ata agora está sendo certo, se votamos un ollo a grande campaña que está reallizando coca cola: "estás aqui para ser feliz"
ATE PRONTO!!

Escribe un comentario
Los comentarios están cerrados