A publicidade pódese presentar de mil e unha formas, e a creatividade traballa codo a codo con ela para sorprendernos cada vez máis e desta forma as mensaxes sexan máis efectivas.

Unha destas mil formas é a Publicidade de Guerrilla, este tipo de publicidade caracterízase por utilizar os formatos máis curiosos e arriscados, sobre todo dentro das cidades.

Con este tipo de publicidade non se debe pretender alcanzar grandes targets nin conseguir beneficios en grandes sectores, senón máis ben todo o contrario. A publicidade de guerrilla  está orientada para as pequenas empresas que deben loitar por pequenos sectores, o que as grandes marcas debido a súa condición non abarcan.

A publicidade de guerrilla establécese como a aliada das "Pemes", grazas a creatividade a enerxia e o traballo poden facer frente as grandes marcas, algúns exemplos de publicidade de guerrilla son:

charitycounts.com, encheron as ruas de Manhattan en plenas navidades con 8000 carteiras. Cando a xente as recollia, no interior, en lugar de diñeiro atopábanse con tarxetas que invitaban a abandonar o consumismo caracteristico deses días, e facer unha donación a esta empresa.

Outro exemplo é a inxeniosa publicidade de FOLGERS:

 

 

Para rematar recoméndovos  votarlle un ollo o libro "Publicidad de Guerrilla" de Michael Dorrian.

Un saudo. Ate pronto.